jueves, 15 de diciembre de 2011

A MATERIA!!!!!!!!!!

Esta unidade 6 comezámola explicando o que é a materia. QUE FERMOSA PALABRA!

Os primeiros humáns distinguían facilmente entre os materiais para facer roupa, instrumentos ou bens para alimentarse. Eles desenvolveron unha linguaxe con palabras que describían estas cousas, tales como “pel,” “pedra” ou “coello.” Nembargantes, eles no tiñan o noso actual coñecemento sobre as substancias que compoñen estes obxectos. Empédocles, un filósofo e científico grego, propuxo unha das primeiras teorías que intentaba describir as cousas que nos rodean. Empédocles argumentou que toda materia compoñíase de catro elementos : lume, aire, auga e terra. A proporción destes catro elementos afecta as propiedades da materia.
Algunhas décadas despois de Empédocles, Demócrito, outro grego, desenvolveu unha nova teoría da materia que trataba de resolver os problemas da teoría do seu predecesor. As ideas de Demócrito baseábanse no razonamento, en vez de na ciencia. Demócrito sabía que se un toma unha pedra e a corta en dous, cada metade ten as mesmas propiedades que a pedra orixinal. El inferiu que se un continúa cortando a pedra en pezas cada vez máis pequenas, chega un momento no que o pedazo de pedra é tan pequeno que non se pode dividir máis. Demócrito chamou a estes pequenos pedazos infinitesimais átomos, o que quere dicir “indivisibles”. Suxeriu que os átomos eran eternos e que non podían ser destruídos. Demócrito teorizou que os átomos eran específicos ó material que os formaban. Esto quere decir que os átomos de pedra eran propios á pedra e diferentes dos átomos de outros materiais, tales como a pel. Esta era unha extraordinaria teoría que intentaba explicar todo o mundo físico en términos dunhas cuantas ideas.


E así é como comezou a historia do termo da MATERIA.


Déxovos enlaces para practicar no tempo libre. Espero que vos gusten e que aprendades moito.


ENLACE 1
ENLACE 2
ENLACE 3
ENLACE 4
ENLACE 5
CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS
ESTADOS DA MATERIA
OS MATERIAIS I
EXPERIENCIAS COS MATERIAIS
TIPOS DE MATERIAIS

TEST DE AUTOAVALIACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario