sábado, 17 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O DÍA MUNDIAL DA AUGA lembra cada 22 de marzo e dende 1993, a instancias de Nacións Unidas, a escasez deste valioso elemento. Moitas persoas non teñen acceso á auga potable e outras non dispoñen de sistemas de saneamento adecuados.
Coñeces ven o ciclo da auga?
A auga e as súas propiedades
Chipi Chipi
La gota Clarita
Infografía sobre el ciclo del agua
Limpemos os océanos. Esta actividade, da páxina de AMEI(Asociación Mundial de Educadores Infantiles) , trata a importancia de manter os entornos limpos e non tirar residuos nin lixo non biodegradables neles.
De onde ven a auga?Para axudar aos nenos/as a coñecer o CICLO INTEGRAL DA AUGA ensinámoslles esta animación, na que aparecen toda as súas fases con información específica para cada unha delas.
Xogando, apréndese

Neste día faremos varias actividades.
1º Traballar con estes enlaces.
2º Elaborar un anuncio onde se tome conciencia da importancia da auga e o seu uso correcto.
3º Elaborar un mural  sobre o ciclo da auga e outro sobre a importancia de non malgastar auga.
4º Elaborar un cómic con esta temática.
5º Vídeo didáctico para reflexionar sobre a importancia da auga, pois é parte do noso futuro.





SEMANA DA PRENSA

Estamos preparando unha noticia para participar un concurso que organiza "La voz de Galicia". Este ano temos o periódico un día á semana e sempre buscamos noticias, palabras ou expresións que teñan relación co que estamos estudiando. Ademais, repasamos as partes do periódico e as partes dunha noticia. Neste enlace atopamos as bases do concurso e moitos recursos didácticos que aparecen como suplemento os mércores.
Pronto expondremos os nosos traballos no blog.

PRENSA-ESCUELA

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Por suposto que os consumidores temos dereitos. Pero tamén temos obrigas. E debemos ser responsables co que consumimos.
VÍDEO.

viernes, 9 de marzo de 2012

CADROS DE AREA

Este é o resultado dun bo traballo en equipo, onde ademais da creatividade se traballaron valores moi importantes como a colaboración e cooperación.


 

jueves, 1 de marzo de 2012

O TERRITORIO ONDE VIVIMOS

Xa que todos vivimos nun lugar, fai moi interesante este tema. A veces, non recordamos exactamente o nome dalgún lugar, pero temos que ser capaces de ser autónomos e orientarnos cos recursos que temos a nosa man.
Son moitos os obxectos ou as condicións que nos guían, dependendo do lugar onde nos situemos. A situación do Sol, a ubicación do musgo nas árbores, as sinais, os mapas, as brúxulas, GPS, teléfonos móbiles, internet, etc.
É importante valorar a riqueza doutras localidades, municipios, comarcas, provincias, Comunidades Autónomas, países, continentes e planetas.
Pero todas esa información que temos ao noso alcance debemos de INTERPRETALA, COMPRENDELA e saber COMUNICALA, tanto de forma oral como de forma escrita. Se non describimos ben un lugar podemos perdernos e nunca chegaremos á nosa meta. De ahí, a importancia de saber expresar correctamente a información. 
Non podemos esquencer os nosos cálculos matemáticos cando nos orientemos. Sobretodo, o tempo e a espacio.
Pensade que atopaces a unha familia que vos pregunta como chegar a Lugo. Necesitades:
1º ORIENTARVOS;
2º MEDIR o tempo e o espacio;
2º COMUNICAR correctamente a vosa información para que COMPRENDAN as instruccións que lles estades a dar.

Déxovos unha serie de enlaces para que practiquedes e comprendades como está organizamos o noso espacio .






Google Earth é un programa informático que permite visualizar imáxenes en 3D do planeta, combinando imáxenes de satélite, mapas e o motor de búsqueda de Google que permite ver imáxenes a escala dun lugar específico do planeta. 
Google maps é o nome dun servicio gratuito de Google. É un servidor de aplicacións de mapas na  Web. Ofrece imáxenes de mapas desplazables, así como fotos satelitales do mundo enteiro e incluso a ruta entre diferentes ubicacións ou imáxenes a pé de rúa.