domingo, 16 de junio de 2013

RESUMEN DE ALGÚNS DOS PROXECTOS QUE SE FIXERON EN 3º EP

Alumnas, alumnos e mestre, traballamos moitísimo ao longo deste curso, fomentando a aprendizaxe cooperativa, a investigación, a manipulación e a aplicación dos contidos que aprendiamos. Estes collages son o resultado, entre outros, do noso paso por 3º primaria. Aínda que pensabamos que ía ser un curso un pouco difícil, todos estamos moi satisfeitos e contentos de presentarvos os nosos traballos e reflexionando, chegamos a conclusión de que nada é difícil sempre que se poña interese, esforzo e que o material que nos presenten sexa motivador e nos faga partícipes na aprendizaxe.
A quen non lle gusta aprender xogando?
FELICIDADES, rapaces, por todo o que aprendemos neste curso.
Saída didáctica á Peixaría de Pili, para aplicar o aprendido na aula, sobre as actividades dos sectores de traballo, a subasta, o peso e tipos de peixes e crustáceos. DÁMOSLLE MOITAS GRACIAS POLA SÚA ATENCIÓN.

Ademais dun gran mural, fixemos as capas da Terra con plastilina, as fases da Lúa e practicamos moito cos globos terráqueos e cos libros que trouxeron da casa.

Aproveitando a unidade de ferramentas e máquinas de coñecemento do medio, fixemos una ficha de cada utensilio que trouxeron da casa, mostrando todo o aprendido e expoñédoo aos compañeiros. Con todo o material construímos un Museo na aula.
 
Para aprender máis sobre a historia, fixemos un mapa mental nos grupos cooperativos e logo mostrámoslles aos compañeiros todo o aprendido, facendo preguntas sobre os mesmo.

 

domingo, 2 de junio de 2013

ASÍ VEN O COLEXIO AS NENAS E NENOS DE 3º EP

Mirade que marabilla de planos do noso colexio fixeron os magníficos nenos e nenas de 3º EP. Despois de dar unha volta por tódalas plantas que ten o colexio, recordando onde están as aulas e observar dende o patio o que tiñamos nos diferentes puntos cardinais, así o plasmaron no papel.

PROYECTO DE GEOMETRÍA

 
Los alumnos de 3º EP hemos terminado un proyecto de matemáticas, con el que disfrutamos y aprendimos muchas cosas. Esto es parte de nuestro trabajo.