Teremos que preparar o noso derradeiro programa de Discovery Max, "APRENDE MIRANDO".
Comezaremos esta semana e faremos a gravación o día 12. Todos os traballos faranse na aula clase ou na aula de informática.
Cada grupo encargarase dunha parte que pode expoñer en forma de teatro, poesía, rap, canción ou una presentación máis formal. Todos e cada un dos membros deben aportar información, material e o máis importante, aprender todos de todos. En cada traballo, ademais de sitúalo no tempo e falar moi brevemente das características máis importantes de cada etapa, centrarémonos nas producións artísticas, culturais, arquitectónicas ou tecnolóxicas, é dicir, buscaremos fotos e falaremos da súa relación coas matemáticas. Tamén buscaremos un personaxe importante e veremos como afectou o paso destas idades a Galicia.
Dividímolo traballo nos seguintes grupos:
1. Presentación do programa, liña do tempo das idades históricas e o paso da Prehistoria por Galicia.
2-3-4. Idade Antiga:
**Roma (aproveitamos a celebración do Arde Lucus en Lugo).
** Exipto.
**Grecia e o seu paso por Galicia.
5. Idade Media.
6. Idade Moderna co descubrimento de Critóbal Colón (importancia para Galicia).
7. Idade Contemporánea.
Os CRITERIOS DE AVALIACIÓN son os seguintes:
1. Coñece as clases de fontes históricas.
2. Nomea as idades da historia e ordénaas cronoloxicamente.
3. Identifica e nomea os feitos históricos que delimitan as
idades históricas e calcula a duración de cada unha delas.
4.
Nomea características xerais da Prehistoria, Idade Antiga, Media, Moderna e
Contemporánea (en especial a relación
coa xeometría).
5. Identifica o latín como orixe de moitas das linguas
actuais, en especial do galego e do castelán.
6. Identifica algúns monumentos e restos das antigas
civilizacións.
7. Identifica algúns
personaxes históricos que influíron de distintas maneiras nas sociedades
antigas, modernas e contemporáneas.
8. Coñece e valora as producións artísticas, culturais,
arquitectónicas, tecnolóxicas...como concrecións do traballo e a creatividade
das persoas do pasado.
9.
Verifica a progresión da aprendizaxe: toma de conciencia do que sabe,
acepta os erros ao autoavaliarse e ten perseveranza nas tarefas.