Esta unidade 6 comezámola explicando o que é a materia. QUE FERMOSA PALABRA!
Os primeiros humáns distinguían facilmente entre os materiais para facer
roupa, instrumentos ou bens para alimentarse. Eles desenvolveron unha linguaxe
con palabras que describían estas cousas, tales como “pel,” “pedra” ou “coello.”
Nembargantes, eles no tiñan o noso actual coñecemento sobre as substancias
que compoñen estes obxectos. Empédocles, un filósofo e científico grego, propuxo unha das primeiras teorías que intentaba
describir as cousas que nos rodean. Empédocles argumentou que toda materia compoñíase de catro elementos : lume,
aire, auga e terra. A proporción destes catro elementos afecta as
propiedades da materia.
Algunhas décadas despois de Empédocles, Demócrito, outro grego, desenvolveu unha nova teoría da materia
que trataba de resolver os problemas da teoría do seu predecesor. As ideas de Demócrito
baseábanse no razonamento, en vez de na ciencia. Demócrito sabía que se un toma unha
pedra e a corta en dous, cada metade ten as mesmas propiedades que a pedra
orixinal. El inferiu que se un continúa cortando a pedra en pezas cada vez
máis pequenas, chega un momento no que o pedazo de pedra é tan pequeno que non
se pode dividir máis. Demócrito chamou a estes pequenos pedazos
infinitesimais átomos, o que quere dicir “indivisibles”. Suxeriu que
os átomos eran eternos e que non podían ser destruídos. Demócrito teorizou
que os átomos eran específicos ó material que os formaban. Esto quere
decir que os átomos de pedra eran propios á pedra e diferentes dos átomos de outros materiais, tales como a pel. Esta era unha extraordinaria
teoría que intentaba explicar todo o mundo físico en términos dunhas cuantas
ideas.
E así é como comezou a historia do termo da MATERIA.
Déxovos enlaces para practicar no tempo libre. Espero que vos gusten e que aprendades moito.
ENLACE 1
ENLACE 2
ENLACE 3
ENLACE 4
ENLACE 5
CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS
ESTADOS DA MATERIA
OS MATERIAIS I
EXPERIENCIAS COS MATERIAIS
TIPOS DE MATERIAIS
TEST DE AUTOAVALIACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario