- Polo San Martiño castañas e viño.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.
- Polo San Martiño vai a ver o teu soutiño.
- A castaña que está no camiño e do veciño.
- As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho.
- De San Miguel a San Martiño recollese o pan e gárdase o viño.
- Dende San Martiño deixa a auga e bebe viño.
- Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño.
- En San Martiño abre o pipote de viño.
- No San Martiño bebe viño e deixa auga pró muiño.
- No San Martiño porco e viño.
- Con castañas asadas e viño novo xa non morre o pobo.
- San Martiño, vai o magosto e mata o porquiño.
- Ao chegar o San Martiño xa se pode beber viño.
- Tan honrado e o caldo como as castañas.
- Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.
Pincha na imaxe para repasar sobre o magosto, as árbores e os cogumelos.
Para poder facer ben a dixestión, nada mellor e un MOSTO. Menos mal que as plantas son as nosas amiguiñas e ofrécennos uvas para facer este zume neste tempo de vendima.
Pero...a finais do mes de outubro tamén celebramos a festa de SAMAÍN, que noutros lugares chámanlle HALLOWEEN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario