martes, 20 de diciembre de 2011

Agasallos de Nadal

Durante estes días estivemos preparando unha actividade moi fermosa e emocionante. Fixemos un sorteo cos nomes dos nenos da clase. Cada un tiña que prepasar un agasallo ao compañeiro/a que lle tocou, pero sen que ninguén se enterase. Estes regaliños tiñan unhas ditectrices que debías seguir. Por un lado, tiñan que escribirlle algunha mensaxe de Nadal e de amizade; e por outro lado, non podían mercar nada. So podían utilizar material de reciclaxe e a propia imaxinación.
Oxe aprendemos que, con moita imaxinación, poucos recursos, pero moitas ganas e ilusión, podemos facer felices aos demais, por poucos cartos.
Gracias a todos polos vosos traballos e por compartir cos vosos compañeiros de clase estes momentos tan fermosos.
BO NADAL AMIGUIÑOS!!!!!!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario